|
¿Que
é?
GALNIX, o punto neutro de intercambio de tráfico de Internet
en Galicia é unha infraestructura física de rede operada
por unha única entidade (CESGA) co propósito de facilita-lo
intercambio de tráfico de datos de Internet entre operadores
de telecomunicacións. Os puntos neutros interconectan as
redes de diversos operadores de telecomunicacións. Son nodos
nos que conflúen redes varias para intercambiar o tráfico
da información solicitada polos usuarios.
Creación
O GALNIX creouse o dezanove de xullo de 2002 mediante
convenio de colaboración asinado entre a Consellería
da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración
Pública, a Consellería de Cultura, Comunicación
Social e Turismo, a S.A.X. Centro de Supercomputación de
Galicia, Comunitel Global S.A., Jazz Telecom S.A., R Cable y Telecomunicaciones
Galicia S.A., Retegal S.A., e Retevisión I S.A (hoxe AUNA).
Misión
O obxectivo do GALNIX é facilitar o intercambio
de tráfico de datos de Internet con orixe e destino dentro
dos límites xeográficos da comunidade autónoma
de Galicia.
Enlaces
de interese
Asociación
Europea de puntos de intercambio en Internet
Directorio
mundial on-line de los puntos de intercambio en Internet
ESPANIX
(Madrid)
CATNIX (Barcelona)
EUSKONIX
(Bilbao)
Mad-IX
(Madrid)
|