Normativa

As entidades que soliciten a conexión ó Punto Neutro Galego deberán cumpli-las seguintes condicións técnicas e administrativas:

1.- Dispoñer dunha conexión a Internet independente do Punto Neutro.

2.- Figurar rexistrados nalgún Rexistro Rexional de Internet (IRR) da IANA, estando ócorrente do pago das cuotas correspondentes.

3.- Dispoñer de número oficial de Sistema Autónomo.

4.- Establecer acordos de intercambio de tráfico coa totalidade dos membros do Punto Neutro.

5.- Nominar responsables técnico e administrativo e dalos a coñecer ó resto das entidades participantes no Punto Neutro.

6.- Rexistrar con antelación a súa implantación no IRR da IANA calquer ruta e sistema autónomo a anunciar mediante o Punto Neutro, de acordo cos procedementos de IRR.

7.- Non se xenerarán transicións de enrutamento (Routing flaps) innecesarios nin anuncios de rutas específicas que non sexan estrictamente necesarias.

8.- Establecer filtros oportunos de enrutamento para asegurar que únicamente anuncia as rutas e sistemas autónomos por él conectados, de acordo coa información rexistrada de IRR.

9.- O medio de acceso de cada entidade estará operativo 24x365, descontando avarías e forza de causa maior.

10.- O protocolo de enrutamento entre entidades será o BGP-4, optimizando ao máximo as capacidades de agregación permitidas por CIDR.

11.- Non se poderán realizar accións ilegais ou que vaian en detrimento do uso do Punto Neutro Galego por parte doutros do resto das entidades.

12.- Aquelas entidades que experimenten un estado de conxestión das súas liñas de acceso ao Punto Neutro Galego, por exceso de tráfico deberán amplia-lo ancho de banda nun prazo máximo de 90 días.